lunes, 28 de noviembre de 2011

Barroco

AUDICIÓNS


Claudio Monteverdi,
Orfeo, Vi ricorda i boschi ombrosi (“L´Orfeo. Favola in música”, 1607)

Aínda que anos antes, Jacopo Peri e Giulio Caccini compuxeran unha Eurídice, que é xa propiamente unha ópera, Orfeo de Claudio Monteverdi considérase a primeira ópera da historia da música occidental. Nela conflúen toda unha serie de elementos que marcan o asentamento do Barroco musical, como poden ser: o estilo recitado, a técnica do baixo continuo, a presenza de ritornellos orquestrais, a presenza de coros e, sobre todo, unha grande modernidade na utilización das voces dos solistas (arias e cancións) e nos acompañamentos instrumentais diferenciados para as escenas que transcorren á luz do mundo e as que transcorren nas escuridades do Hades. O seu argumento, novamente moi na tónica dos principios defendidos pola Camerana Florentina, é a historia de Orfeo, ou o que é o mesmo, a narración dos poderes extraordinarios da Música sobre o espírito. A ópera ábrese cunha fanfarria case militar, a modo de obertura, que é o realmente o himno do Duque de Mantua, a quen está adicada a composición. Na gravación, tralo pasaxe instrumental inicial que precede o dueto e coro de ninfas e pastores, Orfeo canta a sua aria Vi ricorda o boschi ombrosi, referindo o seu amor a Euridice, en interlocución e complicidade coa natureza. Trátase dun aria claramente estrófica e nela as intervencións do solista (tenor) están separadas polas parénteses instrumentais a modo de ritornello.

estilo recitado: Voz aguda acompañada dun baixo continuo
baixo continuo: Técnica exclusiva da época barroca que ao empleala, o compositor crea a voz do baixo pero non especifica o contrapunto ou os acordes, que deixa a cargo aos intérpretes. Pode conter cifras para guiar ao executante, orixen do término "baixo cifrado".
ritornello: Retrouso final de cada verso dun madrigal.
arias: Peza musical para ser cantada por un solita, habitualmente co acompañamento da orquestra e como parte dunha ópera.
Camerana Florentina: Grupo de humanistas, músicos, poetas e intelectuais de Florencia a finais do Renacemento que estaban unidos baixo o patrocinio do conde Giovanni de Bardi para discutir e guiar as tendencias nas artes, especialmente na música e o drama.
fanfarria: É unha peza musical corta de gran forza e brillantez, interpretada por varias trompetas e outros instrumentos de vento metal, frecuentemente acompañados por percusión.
obertura: Introducción instrumental dunha ópera ou outra obra dramática, musical ou non.


9 Jean Baptiste Lully (1632-1687). Marcha para a Cerimonia dos Turcos. O Burgués Xentilhome.

Florentino de nacemento, Jean-Baptiste Lully trasládase a Francia ós 11 anos e co pulo do cardenal Mazarino realiza unha carreira imparabel conseguindo poder absoluto na vida musical francesa da época. A Marcha para a Cerimonia dos Turcos pertence á comedia-balletLe bourgeois gentilhomme”, escrita en colaboración con Moliére, é un encargo de Luis XIV. O estilo tanto do texto como da música resulta ledo e satírico, con irónicas referencias ao “estilo turco”, que comezaba a estar de moda como elemento satírico no teatro. A música non ten a función da música incidental se non que se alterna dun xeito funcional co texto a modo de pequenos interludios, co fin de ser bailada e/ou cantada.
Unha Obertura instrumental “á francesa” (Lento/Rápido) presenta na escea a Monsieur Jourdain, un burgués enriquecido que intentado introducirse na nobreza faise rodear de de poetas, músicos, bailarines e mestres para que lle aconsellen, pero, de feito, búrlanse del e das súas maneiras de novo rico. Na Cerimonia dos Turcos, ideada para impresionar a M. Jourdain, se lle “consagra” como “noble turco, elevándolo ao rango de Mamamouchi”, entre chanzas e burlas. Esta escea é o eixo do Burgués Xentilhome: a comedia-ballet será escrita partindo dela.
A cerimonia ábrese con esta Marcha “turca”. O tono de Sol menor e o ritmo similar ao das meirandes oberturas das óperas de Lully contribúen á posta en escea desexada: Monsieur Jourdain cree vivir un dos momentos máis importantes da súa existencia, mentras que en realidade estanse burlando de él. Adoitase a desenvolver o ballet entre a danza e o mimo, contraste moi axeitados pra provocar a hilaridade.

comedia-ballet: É un xénero dramático, musical e coreográfico creado por Molière para a súa obra Les Fâcheux.
música incidental: Música que acompaña unha obra teatral.
Marcha: Obra musical que entra dentro das composicións definidas polo movemento ou polo ritmo.

10 Johann Sebastian Bach (1685-1750). Paixón segundo San Mateo, BWV 244. (Coro inicial: Kommt, ihr Töchter).

A Paixón segundo san Mateo representa a culminación e síntese máis perfecta do Barroco musical e unha das obras cume da historia da música occidental. Concibida como xénero mixto entre a cantata luterana e o oratorio, a Paixón un gran desenvolvemento na Alemaña ao longo do Barroco, cun fin didáctico, moi propio da Reforma e tamén da arte barroca. Aínda que posiblemente Bach chegase a compoñer catro paixóns, só coñecemos dúas que son con seguridade súas (a Paixón segundo San Xoán e a Paixón segundo San Mateo), sendo esta última moito máis complexa pola súa monumentalidade. A obra iníciase cun dobre coro, acompañado cada un pola súa respectiva orquestra que, como aplicación da policoralidade máis típica do barroco, dialogan e convídanse mutuamente a acudir a presenciar os sufrimentos que Cristo vai padecer pola redención do mundo. Tralo diálogo inicial dos dous grupos, un terceiro coro de voces brancas entoa un coral da tradición protestante, a partir da cal o Oratorio cobra a súa dimensión absolutamente contextualizada no tempo da narración. Tras este coro inicial e ata o remate, sucédese unha serie de recitados e arias dos diferentes personaxes da historia (Evanxelista, Cristo, pobo etc). Ao longo da obra aparecen numerosas corais, pezas fundamentalmente acórdicas, moi típicas da liturxia protestante, que articulan e parafrasean todos os sucesos narrados, sendo ademais moi posible que nos momentos en que se entoaban estas corais, sobradamente coñecidas polos fieis, os asistentes á celebración litúrxica se puxesen en pé e se sumasen ao canto colectivo.

voces brancas: Voces musicais dos nenos e nenas antes da súa pubertade.

Georg Friedrich Haendel (1685-1759), O Mesías, HWV 56. “Alleluia” (coro).

Haendel supón, con Bach, a culminación do Barroco musical europeo. Nacido na Alemaña, de espírito viaxeiro, acabou a súa vida en Londres, asimilando a súa estética aos gustos do público inglés, particularmente na música coral moi marcados pola herdanza deixada por Henry Purcell. Neste campo a súa maior achega foi a de combinar a súa sólida formación no manexo do contrapunto cos recursos da ópera italiana e o idioma inglés para crear un novo tipo de oratorio adaptado ao seu novo público. Aínda que a maior parte dos oratorios de Haendel son bíblicos e narrativos (Saúl, Salomón, Sansón, Xudas Macabeo, Athalía...) tamén os ten de temática histórica (O festín de Alexandro, Theodora), ou mesmo profana (Susana, Semele). O Mesías, escrito en 1742, é un oratorio alegórico, sen personaxes concretos, que, baseándose nos textos tomados do Xénese, dos diferentes Libros proféticos, os Evanxeos, as Epístolas e o Libro da Apocalipse, nárrase dun xeito indirecto a historia da redención do home; desde as propias prefiguracións anunciadoras da venida de Cristo ata o triunfo da resurrección sobre a morte e o pecado. O oratorio ábrese cunha a obertura “á francesa” simplificada (lento-rápido fugado- lento), onde o lento final é substituído por uns simples acordes cadenciais. A obertura da paso a recitados, arias, dúos, tercetos e sobre todo coros, que son os auténticos protagonistas da obra e os que marcan os momentos de inflexión no argumento. O Alleluia supón a culminación do oratorio, coa Resurrección de Cristo e de aí o brillante do tratamento das voces -combinando homofonía con contrapunto imitativo, según o marcado polas palabras- e o vibrante acompañamento orquestral de trompetas, oboes, timbáis e corda.

recitados: Composición musical que acompaña a certas obras literarias, especialmente á poesía.
arias: Partes máis importantes da ópera realizadas por un solista.
dúos:Composicións para dúas voces ou instrumentos.
tercetos: Composicións para tres voces ou instrumentos.
coros: Agrupación de varias voces.
homofonía: Textura musical onde interveñen dúas ou máis partes musicais que móvense simultáneamente e cuxa relación forma acordes.
contrapunto imitativo: Artificio que consiste en que unha melodía exposta por unha das voces apareza despois reproducida nuotra ou noutras ao mesmo ou a diferente intervalo.

Antonio Vivaldi (1678-1741): As catro estacións: O inverno. (Concerto para violín RV 297 (1º mov.) Allegro non molto ).

A aparición, en 1725, dos doce concertos que conforman o Opus 8 da obra de A. Vivaldi, “Il cimento dell´armonia e dell´a invenzione”, constitúe un paso máis na consolidación do concerto solista como unha estructura instrumental emerxente, na que solista e orquestra se opoñen e enfrontan un á outra, en busca dun acordo entrambos, segundo os dous significados que adoitan darse ao verbo latino “concertare”. Por outra banda, supón tamén a reafirmación do violín como un instrumento plenamente desenvolvido, logo dos perfeccionamentos técnicos aos que se viu sometido durante o último século e medio polos luthières de Brescia e Cremona. Os catro primeiros concertos desta colección son os que coñecemos polo nome de As catro estacións: ao evocador do título únese a circunstancia de que cada un deles aparece precedido por un soneto explicativo, que nos describe aspectos concretos de cada estación, que a música vai representar; (figuración de fusas e semicorcheas en staccato, para describir os efectos de tremor que xera o frío no primeiro movemento; ou o acompañamento en pizzicato da melodía do violín que evoca a choiva no segundo tempo). Deste xeito podemos afirmar que o carácter descritivo da música de Vivaldi fai desta peza un claro exemplo de música programática, moitos anos antes de que este termo fose acuñado.

concerto: Forma musical complexa na que intervén a orquestra.
concerto solista: Obra escrita para un instrumento solista e unha orquestra.
luthières: Persoas que constrúen, axustan ou reparan instrumentos de corda frotada e pulsada.
soneto: Forma poética composta por catorce versos de once sílabas.
staccato: É un modo de execución musical no que se acorta a nota respecto do seu valor orixinal.
pizzicato: Técnica musical que consiste en tocar un instrumento de corda de frote pellizcando as cordas ca xema dos dedos.





CONTEXTO HISTÓRICO

O Barroco é un período artístico comprendido entre 1600 e 1750. As nonarquías absolutas dominan o panorama dunha Europa que está sumida en loitas políticas e guerras. O poder segue estando en mans da aristocracia e da Igrexa que querenmostrar a súa autoridade organizando grandes espectáculos nos que a música sempre estará presente. Convírtense en mecenas dos mellores artistas que traballarán nas súas grandes cortes.

PERÍODOS:

-Primer Barroco: Metade do s. XVII. Dase un maior predominio da música vogal sobre a instrumental. Os compositores realizan experimentos armónicos que máis tarde darán lugar á música tonal, producido en certa maneira pola ópera. Prodúcese un rexeitamento ao contrapunto renacentista. Os compositores máis destacados en Italia son: C. Monteverdi, J. Peri e G. Frescobaldi, e en Alemaña M. Praetorius.

-Barroco Medio: A música instrumental ten máis importancia e ponse á altura da vocal. Abandóase pouco a pouco a música modal e hai unha volta hacia o contrapunto. Os compositores máis relevantes desta época son: H. Purcell en Inglaterra e J.B. Lully en Francia.

-Barroco tardío: Maior predominio da música instrumental sobre a vogal. A tonalidade queda totalmente establcida. As figuras máis representativas son: os italianos A. Vivaldi, D. Scarlatti e os alemáns J.S. Bach, G.F. Haendel e G.P. Teleman.


CARACTERÍSTICAS DA MÚSICA BARROCA

Dentro da linguaxe musical barroca vanse dar unha serie de importantes novidades que darán a este período unha sonoridade característica indiscutible.

-Os compositores empregan texturas musicales lixeiras e homófonas.
-O baixo continuo, o baixo cifrado, convértense no cemento musical na maior parte das composicións.

-Presérvase un mesmo clima ou entimento musical ao longo de toda a peza.
- A familia de violíns reemplaza á das violas antigas. A orquestra comeza a tomar forma, sendo o seu opoñente principal de cordas.
- O sistema de modos desaparece hacia finais do s. XVII, as pezas musicais baséanse agora no sistema de escalas maiores e menores.
- As formas musicais características empregadas por compositores do Barroco son a forma binaria, ternaria, as variacións, a forma, ritornello e a fuga.
- As melodías son frecuentemente largas e fluídas.

A MÚSICA RELIXIOSA

Aínda que esta música perdeu a súa hexemonía, segue tendo un gran peso no Barroco. Tanto a igrexa protestante como a católica aproveitarán as innovacións que se dan na música profana para crear novas formas.

Unha das técnicas de maior desenrolo é o policoralismo (música para diversos instrumentos que soan á vez) que darase sobretodo na escola veneciana. Esta técnica surxe na igrexa de San Marcos (Venecia) cuxo espacio arquitectónico permitiu a colocación de coros contrapostos. En Roma evolucionará esixindo varios coros que se colocan á vez en distintos lugares da igrexa.

A igrexa protestante segue mantendo o coral como forma máis representativa, e a católica cultivando motetes e misas. Sobre estos xéneros aplicaránse novidades da música barroca.

Os tres xéneros principais de música relixiosa son: o oratorio, a cantata e a paixon.

O oratorio

As orixes primitivas do oratorio están ligadas ás epresentacións sagradas medievais e ás paixóns polifónicas de Binchois (1400 - 1460) e Obrecht (1430 - 1505) da escola franco- flamenca.
No s. XVII nace o oratorio con motivo da Contrarreforma, no oratorio de San Felipe Neri. O primeiro autor do oratorio sería Cavallieri. Un oratorio non era máis que unha posta en música e voz dalgunha historia. Só os primeiros foron representados a modo de ópera como o de Cavallieri. Posteriormente só eran interpretados a modo de concerto (El mesías, etc.). O término oratorio aparece como primeira vez no ano 1640. Existen dúas clases de oratorios: oratorio latino e oratorio volgare.

Oratorio latino: Contén interpolacións poéticas. O conxunto deste oratorio non soe ser litúrxico. Destaca a producción de Carissimi que traballou en Roma. Existe a intervención dun narrador, coros, recitativos...

Oratorio volgare: Desenrólase de forma paralela á ópera e foi o máis extendido. A parte de en Roma, aparecen exemplos no norte de Italia, etc. Destacamos ao compositor Stradella.

A finalidade do oratorio é conseguir chegar ao oínte e dirixirlle emocionalmente. A Igrexa polo tanto estaba moi interesada nesta nova forma para conseguir máis adeptos. Por este motivo debemos dicir que o oratorio é un xénero católico.

A cantata

O término cantata significa "música para cantar" e xorde en contraposición á sonata (música para sonar). É un xénero que nace dentro da música vocal profana, destinado a ser interpretado nos salóns da aristocracia: sen embargo, foron os músicos da igrexa protestante os que o convertiron nunha forma musical relixiosa, cambiando o texto, que agora basarase en fragmentos do Evanxeo, salmos e outros temas relixiosos.

A cantata ten os mesmos elementos musicais cao oratorio, pero diferénciase en que é máis breve. As melodías solían estar divididas en frases que finalizaban cu calderón pola influencia da coral.
Os compositores máis destacados deste xénero son J.S. Bach e G.P. Teleman.

Aqui podemos ver a cantata 140 de Bach, ('Wachet auf, ruft uns die Stimme'), que significa "Despertad chámanos a voz".


Está interpretada por catro voces con aompañamento musical.

A paixón

É un oratorio que trata exclusivamente da paixón e a morte de Xesucristo, inspirándose nos Evanxeos. En canto á forma, a paión tamén ten recitativos, arias, coros e interludios. A figura do narrador é o evanxelista que relata mediante un recitativo todos os acontecementos. As persoaxes importantes do Evanxeo son interpretadas polos solistas, mentres que outros personaxes (discípulos, pobo...) son interpretados polo coro. Existen diversos tipos de paixóns que diferéncianse nas súas características formais:

Paixóns responsoriais: Este é o tipo de paixón máis antiga. Emprégase como base para a composición musical do texto dalgún dos catro evanxelistas, que é presentado por medio dun solista que alterna cun coro. A narración é presentada polo evanxelista, que é o solista principal. Os personaxes que aparecen no transcurso da narración on interpretados por solistas ou ensambles a unha, dúas ou tres voces e a turba (os grupos máis grandes de persoas, como o pobo, o grupo de sacerdotes, etc.) polo coro. En moitos casos, aparecen a principio e ao final un coro introductorio e un coro final que anuncian o inicio e o in da paixón.

Paixóns motéticas: O texto bíblico relacionado ca Paixón dalgún dos evanxeos musicalízase na súa tonalidade de forma polifónica, incluso a parte da narración. Ao principio e ao final da obra atópase un coro de entrada e outro de saída, que únicamente introducen ou marcan o final da mesma. Fóra destos dous coros, o único texto empregado é dalgún evanxeo (ou eventualmente a compilación dos catro). Seguindo a tradición do motete, a paixón divídese en varias sección, que diferéncianse entre elas, porque en cada unha preséntase un novo motivo ou suxeito musical e porque o número de voces cambia. Neste sentido, a narración normalmente está musicalizada a catro voces, as persoaxes a 2 ou 3 e os coros a ou 5. Algúns compositores que escribiron paixóns motéticas foron Jacob Obrecht, Leonhard Lechner ou Christoph Dematius.

Paixóns oratóricas: Xurden a partir das paixóns responsoriais e por influencia do oratorio no s. XVII. Os cantantes son acompañados polo baixo continuo ou por un grupo instrumental ou orquestra. Tamén se inclúen corais e arias con textos libres, que comentan os sucesos presentados no texto bíblico. Igualmente introdúcense elementos da ópera e do oratorio, como o recitativo seco e acompañado, as arias da capo, os ariosos, coros e pezas instrumentais. O texto bíblico preséntase normalmente en forma de recitativo seco, é dicir, acompañado únicamente polo baixo continuo, mentres alternan o narrador e as personaxes. Nalgunhas ocasións as palabras de Cristo son acompañadas tamén por cordas (Theile, Bach, Teleman). Entre os recitativos secos e as arias, a veces atópanse recitativos acompañados con textos libres que introducen o contido das arias. A paixón oratórica ten prácticamente as mesmas características musicais cao oratorio e en realidade, é só unha variante do mesmo.

O compositor máis destacado deste xénero é J.S. Bah, con dúas das súas obras fundamentais: "A paixón según San Mateo" e "A paixón según San Xoán".

Destacamos a Paixón según San Mateo, peza introducida no descriptor da CIUG que aprobeitaremos agora para explicar o seu vocabulario, pero antes escoitémola:



10 Johann Sebastian Bach (1685-1750). Paixón segundo San Mateo, BWV 244. (Coro inicial: Kommt, ihr Töchter). A Paixón segundo san Mateo representa a culminación e síntese máis perfecta do Barroco musical e unha das obras cume da historia da música occidental. Concibida como xénero mixto entre a cantata luterana e o oratorio, a Paixón un gran desenvolvemento na Alemaña ao longo do Barroco, cun fin didáctico, moi propio da Reforma e tamén da arte barroca. Aínda que posiblemente Bach chegase a compoñer catro paixóns, só coñecemos dúas que son con seguridade súas (a Paixón segundo San Xoán e a Paixón segundo San Mateo), sendo esta última moito máis complexa pola súa monumentalidade. A obra iníciase cun dobre coro, acompañado cada un pola súa respectiva orquestra que, como aplicación da policoralidade máis típica do barroco, dialogan e convídanse mutuamente a acudir a presenciar os sufrimentos que Cristo vai padecer pola redención do mundo. Tralo diálogo inicial dos dous grupos, un terceiro coro de voces brancas entoa un coral da tradición protestante, a partir da cal o Oratorio cobra a súa dimensión absolutamente contextualizada no tempo da narración. Tras este coro inicial e ata o remate, sucédese unha serie de recitados e arias dos diferentes personaxes da historia (Evanxelista, Cristo, pobo etc). Ao longo da obra aparecen numerosas corais, pezas fundamentalmente acórdicas, moi típicas da liturxia protestante, que articulan e parafrasean todos os sucesos narrados, sendo ademais moi posible que nos momentos en que se entoaban estas corais, sobradamente coñecidas polos fieis, os asistentes á celebración litúrxica se puxesen en pé e se sumasen ao canto colectivo.

voces brancas: Voces musicais dos nenos e nenas antes da súa pubertade.


En Alemaña aparece o término do oratorio a partir do s. XVIII, sobre todo a raíz da producción de Schültz. De el destacan as súas historias como a Historia da Resurrección de Cristo. Igualmente as Paixóns foron un xénero moi interpretado polos alemáns.



A ÓPERA BARROCA

A ópera nace a finais do s. XVII en Florencia, gracias a un grupo de artistas e intelectuais que traballarán financiados polo conde Bardi creando asi "La Camerata Fiorentina". Estes artistas están en contra do desarroio polifónico que alcanzaran as composicións o Renacemento, que pola súa complexidade, perdían a esencia principal que debe cumprir a música: conmover ao oínte e facer brotar en el todo tipo de sentimentos. Os compoñentes da "Camerata Fiorentina" levarán a cabo un traballo de inventigación, intentando retomar as raíces da música grega. Chegan á conclusión de que en Grecia a música era monódica e cun acompañamento instrumental, posto que esta música estaba cargada de moita expresividade. Baseándose en estos principios nacerá a técnica da monodia acompañada, que será a vase fundamental da ópera posterior. Buscaban un xénero capaz de abarcar todas as formas artísticas posibles e por iso denominarán á ópera como "a obra de arte total", xa que vai a reunir nunha soa forma as distintas artes: poesía, música, teatro e danza.

A ópera convertíuse no xénero máis representativo da época, xa que lograba unha gran expresividade gracias á unión ideal entre música e palabra. Consolidarase como unha das formas con máis protagonismo ao longo dos posteriores séculos. É de xénero profano.

Antes da ópera existía unha forma musical chamada entremezzo que se facía nos intermedios das obras teatrais, pequenas actuacións musicais, estes intermedios toman importancia e son cada vez máis longos ata que se convirten en xénero musical.

Tense noticia de que a primeira obra rexistrada foi Dafne composta por Jacob Peri en 1597, pero esta non se oconserva na súa totalidade posto que algúns fragmentos perdéronse. No s. XVII estréanse outras obras como Eurídice tamén de Jacob Peri. Pero vai ser en 1607 cando Claudio Monteverdi vai compoñer Orfeo, a cal será a primeira gran ópera da historia porque cumpre todos os requisitos da estructura propia desta forma musical. Esta obra é tomada como referencia para as óperas posteriores e ademais Claudio Monteverdi compón outras obras coñecidas como A Coronación de Epopea e O retorno de Ulises baseadas na mitoloxía grega. A ópera toma moita importancia en Italia e haberá varias capitais como Roma, Venecia ou Nápoles. Toda Europa copia este estilo operístico menos Francia que creará o sea propio estilo, e do que surxirán outros subxéneros como:

Traxedia lírica: A traxedia lírica é creada por Lully na que ao seu argumento severo e exaltado únense a danza, a espectularidade e o canto máis ben airoso.

Ópera ballet: A ópera ballet é un subxénero no que a cada un dos seus actos, nos que se mezclan a partes iguais, bailes e cantos, posee un argumento e personaxes propios.

Ópera comique: Equivalente á ballad-ópera (inglesa), pero con música orixinal dun autor. Pode ser seria ou humorística.

En Alemañan surxiu o Singspiel: A súa música é orixinal. Pode ser de tema serio ou humorístico. Sinónimo de spieloer.

En Inglaterra tamén surxiron outros subxéneros:

Ballad-Opera: Mezcla diálogos falados e números cantados, moitas veces de orixen anónimo e reunidos por un compositor co propósito de contar o argumento.


Orfeo:




O retorno de Ulises:






Partes da ópera:

Obertura: Parte instrumental e breve. Serve como introducción. Comeza co telón baixado.

Recitativos: Partes cantadas por solistas nas que se representa a acción. Soe ser un texto sen ornamentación musical. Existen dous tipos de recitativos:
Recitativo secco: Só leva un acompañamento de baixo contino ou é a capella.
Recitativo acompañato: Os solitas son acompañados pola orquestra.

Aria: Parte máis important da ópera. É realizada por un solista. A acción da obra párase e o cantante transmite os seus sentimentos, a forma súa forma é unh monodia.

Coro: Fragmento interpretado por un conxunto de voces.

Interludios: Partes instrumentais que están intercaladas entre as partes anteriores, tamén chamados intermedios ou ritornellos.


Tipos de ópera

Existen dous tipos de ópera:

Ópera seria: Está baseada en argumentos mitolóxicos, non inclú personaxes mitolóxicos e é o preferido da aristocracia. Moi complexa e cun gran despliegue técnico. Os seus temas son grandilocuentes e moralizantes. O seu final debe ser sempre feliz. A súa pedra de toque é o aria da capo. Aquí temos un exemplo de ópera seria de Haendel, Rinaldo.



Ópera buffa: Os argumentos son cotidianos, fáciles de entender nos que destacan a crítica social á aristocracia. É posterior á ópera seria. Era unha ópera máis económica dirixida á clase social media. As súas personaxes nun principio era únicamente cómicos. Inclúe, ademais de arias, dúos, tríos, concertantes, etc,. O canto é esencialmente silábico, xa que precisa ser entendido con claridade para conseguir os seus obxectivos humorísticos. A primeira rexistrada foi escrita por Pergolesi, titulada La serva padrona en 1733, o seu argumento xira en torno a Uberto, personaxe que dubida en casarse ou non coa súa serva, Servipa. Como todas as historias rematan ben, ao final cásanse.




En España xurdiu un xénero moi parecido á ópera formado por sucesións de partes cantadas chamado a zarzuela.
A zarzuela é o noso teatro musical representativo. Naceu o día 17 de xaneiro de 1657 nun pabellón de caza contruído en medio de zarzales, de ahí probén o seu nome. Este pabellón estaba situado no Retiro de Madrid. Ese día estreábase unha obra titulada "El golfo de las sirenas". Esta obra é de dous actos, orixinal de Pedro Calderón de la Barca (un dos fundadores do teatro español). A partir dese momento vanse facendo máis obras. Hai algunhas que se perderon e outras que descoñécense o seu compositor. Do que máis obras se conservan é de Juan Hidalgo.
Aqui podemos ver un claro exemplo de zarzuela, "El barbero de sevilla" de Gioacchino Rossini.



OS CASTRATI

Os castrati eran os personaxes máis sobresaíntes na ópera. No s. XVIII foi o seu explendor. Os nenos eran castrados para que a súa voz branca non cambiara ao longo da súa vida. A castración consistía na destrucción do texido muscular sen que, polo xeral, chegárase a cortar o pene. Mediante esta intervención traumática, conseguíase que os nenos que xa demostraran ter especiais dotes para o canto mantiveran, de adultos, unha tesitura aguda capaz de interpretar voces características de papeis femininos.
No s.XVI o Papa Pablo IV, prohibíu as voces femininas na igrexa e deste modo, surxiron os castrati. Cantaban óperas e música profana, eran millonarios e famosos aqueles que alcanzaban a fama, os que non, eran burlados e despreciados. Traballaban especialmente a respiración diafragmática, que consiste en tomar aire sen elevar os hombros e levalo ata a parte inferior dos pulmóns, o que lles ofrecía unha capacidade pulmonar máis elevada.
O castrati máis famoso de toda a historia foi o italiano Farinelli, sobrenome polo que foi coñecido Carlo Brochi. Foi formado polo maestro Porpora, Farinelli logrou unha celebridade tan extraordinaria debido ao seu asombroso talento que foi literalmente idolatrado por cantos o escoitaron. A corte de Felipe V de España chamouno para que traballara como cantante persoal para o monarca. Permaneceu nela durante máis de vinte anos.





Música instrumental pura

Empeza e nace a orquestra. Os intérpretes especialízanse nos seus instrumentos debido á complexidade das partituras e nacen os virtuosos. Con esta evolución os compositores conseguen a máxima expresividade. Hai tres formas dependendo do tipo de agrupación: música para instrumentos solistas, música de cámara e música para orquestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario