lunes, 1 de octubre de 2012

Idade Media

Audición número 1:

Puer natus est nobis (Canto Gregorián). Séculos VIII-IX. O introito da Misa de Nadal (“Un neno naceunos”) é unha das melodías de máis sona e máis antiga tradición de todo o repertorio gregorián. Escrita no modo VII, tamén chamado mixolidio (base Sol, nota de recitado Re), desenvólvese cunha discreta ornamentación que deixa entrever unha arcaica melodía estruturada en seccións lineais xustapostas constituíndo a antífona, á que se lle engade o correspondente salmo (“Cantate Domino canticum novum”). Na orientación interpretativa da Escola de Solesmes altérnase na antífona o canto dos solistas coas respostas do coro de monxes, mentres o salmo adoita facerse, trala entoación do solista, alternando a Schola e o todo do coro. O Introito está situado no arranque da Misa; orixinariamente, no formato tridentino, cantábase un salmo íntegro coa antífona, precisamente durante a procesión solemne de entrada do sacerdote e acólitos cara ó altar (“antiphona ad introitum”) recortándose máis tarde ata quedar unicamente a antífona e un versículo do salmo.

Definicións:

Introito:
Primeiras palabras que di o sacerdote no altar ao dar principio á misa.
Modo: Escala.
Arcaica melodía: Primitiva/simple melodía.
Antífona:
Consiste en una melodía generalmente corta y sencilla, de estilo silábico, utilizada como estribillo que se canta antes y después de los versículos.
Salmo: Composición o canto de alabanzas a Dios.
Formato tridentino: "tridentina" se refiere a su origen, ya que fue reformada y uniformizada a toda la Iglesia latina por iniciativa del Concilio de Trento.
Acólitos: En la Iglesia católica, personas que ayuda al sacerdote en el altar y puede administrar la Eucaristía.

Audición número 2:
Gratulantes celebremus festum. Códice Calixtino. (ca. 1140-1170) Na segunda metade do século XII, froito dun encargo do Cabido compostelán, confecciónase o Códice Calixtino, un libro de liturxia para o uso na catedral de Santiago. Contén relatos de miragres do Apóstolo Santiago, sermóns e música litúrxica, unha descrición da catedral, a crónica de Carlomagno feita polo bispo Turpín, e a famosa guía de perengrins, atribuida ó crego galo Amerycus Picaud. O interese musical deste códice é extraordinario xa que ás comp
osicións monódicas para as festas do Apóstolo Santiago, se engaden 21 pezas de música polifónica a 2 e 3 voces (partes da misa, secuencias, tropos, himnos, etc.) de extraordinaria calidade artística. Resulta apaixoante o estudo desta música tomando como punto de partida o influxo francés (París, San Marcial de Limoges...) pero con clara adaptación -textos e música- á realidade da Catedral de Santiago, o que nos indica a posible existencia dun obradoiro de copistas (scriptorium) altamente especializado nesa época. A peza que comenza Gratulantes celebremus festum, a 2 voces, é un tropo polifónico do Benedicamus Do

mino. Ofrece unha voz superior discretamente ornamentada, enfrontada á melodía inferior dunha soa nota para cada sílaba, nun verso de tipo regular distribuído en 3 seccións: A (4 frases) + B (4 frases) + Coda. Precisamente, a coda (cauda) final ofrece unha bela vogalización ornamental sobre a sílaba DO-[mino], posiblemente ritmada. Di o Profesor López-Calo que a escritura de esta coda manifesta un primer intento de artellar un novo tipo de escritura para expresar o estilo rítmico que xa en París e noutros puntos de Europa se practicaba. Tralo remate, cantaríase en gregoriano a frase Deo Gratias, co que se rem

atan os Oficios relixiosos.

Definicións:
Misa: xénero musical sacro, composición coral que utiliza a música en seccións fixas da liturxia eucarística.Secuencias: Composición musical formada por máis dunha frase melódica que se repite dúas veces.
Tropos:Término musical que fai referencia a unha forma introductoria ao canto gregoriano.
Himnos:Composición coral en honor a Deus

Audición número 3:
Afonso X, “O sabio”: Santa María, estrela do día. (Cantiga de Santa María, núm. 100) (1260-1284). O repertorio das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio constitúe un dos corpus musicais máis extraordinarios de toda a époc

a medieval. Escrito entre 1260 e 1284, ofrece non só unha música moi refinada para a súa época, en canto a detalles de notación das melodía e o seu ritmo, senón que comporta tamén unha información documental de grande interese para o mundo dos instrumentos e da vida cotiá da súa época na corte do Rei Sabio. Esta peza, Santa María, estrela do día, ofrece unha notabel claridade á hora de interpretar ritmicamente as súas notas: cunha alternancia moi regular de valores longos e breves que nos dá unha solución binaria ao compás; a melodía pertence ó modo I (Re) no retrouso e ó modo VII (Sol) na primeira parte da estrofa rematando esta de novo en modo I. Como no caso das cantigas de amigo de Martín Códax, a instrumentación non figura expresamente indicada no manuscrito orixinal, sendo a súa

elección totalmente opcional polos intérpretes, aínda que as mostras iconográficas que acompañan as cantigas marianas aconsellan o uso dos instrumentos.Como boa parte das cantigas alfonsíes a sua estrutura é de virelai, xénero de danza para ser cantada, no que alterna o retrouso (AA), que entonaría o coro, cunha estrofa (BBBBAA) que interpretarían un ou varios solistas, e na que se desenvolve a narración ben de loubanza á Virxe ou ben narrativa dunha miragre. Ainda que normalmente o cambio do retrouso á estrofa non require nos virelais un cambio de modalidade, as veces (como é no caso desta cantiga de Loor, nº 100), cambiase de modo, do I ó VII (Ca veer fazelos errados…), cadenciando o solista xa na modalidade inicial, dando entrada e preparando así, de novo, o retrouso (Santa María Estrela do día, etc…).

Definicións:
Virelai:Forma poética musical, frecuentemente musicada.
Audición número 4:


Martín Códax (Primeira metade do séc. XIII): Ondas do mar de Vigo (Cantiga de amigo): O Manuscrito Vindel, descuberto en 1914, permitiu corroborar que o repertorio da lírica trobadoresca galego-portuguesa, ademais da belísima poesía, fora composto tamén con música, propia e individualizada para cada poema. Consérvanse seis cantigas de amigo de Martín Códax con música; nelas a protagonista é sempre unha muller. A primeira das cantigas de amigo de Códax, Ondas do mar de Vigo, aseméllase a un recitado gregoriano (Modo VII), sen acentos musicais. A música axústase perfectamente ao texto: dúas estrofas similares para os dísticos paralelísticos e unha melodía nova para o refrán (aab).

Adóitanse presentar estas cantigas con instrumentos, aínda que a súa elección e combinación, coma no caso anterior, é totalmente optativa para os intérpretes.

Definicións:

Dístico paralelístico:Estructura literaria.

MAPA CONCEPTUAL

Contexto histórico:Transcurre dende a caida do Imperio Romano ata a conquista de Constantinopla e o descubrimento de América.
Nesta etapa (alta idade media, s.V-XI) Europa vese sacudida por unha serie de invasións.
Na sociedade medieval, que era maioritariamente rural, existía un réxime feudalista que consistía na división da poboación en estamentos: privilexiados (nobreza, clero e rei) e non privilexiados (campesiños, asalariados urbanos, servos, etc.). O sistema feudovasallático consistía nunha relación que establecía o vasalo e o nobre que lle ofrecía a súa protección a cambio de que o vasalo traballase as súas terras.
A ORIXE DA MÚSICA CRISTIÁ.
Coa cristianización, as manifestacións musicais grecolatinas non desaparecen totalmente, ainda que hoxe non temos rexistros das mesmas.
A misa e os oficios en torno á eucaristía foron os piares sobre os que floreceu a música cristiá dos primeiros tempos. Nestes primeiros pasos do cristianismo fíxanse as partes de misa; as seccións variables (a Colecta, a Espístola, o Evanxeo, etc.) constitúen o propio e as partes fixas (o Kirie, o Gloria, o Credo, etc.) conforman o ordinario.
Canto Gregoriano:
Non hai datas exactas da súa orixe, sen fontes documentais ata o 1000 d.C. Un dos maiores aportes á recopilación dos cánticos fíxoos o Papa Gregorio I (s. VI-VII).Os primeiros manuscritos son do s.VII-IX e están asociados aos distintos ritos: Romano antigo, Ambrosiano, Galicano, Mozárabe e Gregoriano.
A notación do Canto Gregoriano é de dous tipos:
Ecnofónico: fai referencia á recitación sobre unha soa nota.
Neumático: a notación de neumas deriva dos acentos aplicados á lingua grega. Xeneralízase no s. IX e perfecciónase no século seguinte, no mosteiro franco de Saint Gall. Os primeiros neumas indicaban a relación de alturas entre as notas (sen especificar as mesmas), se a melodía subía ou baixaba, se se movía por saltos máis amplos ou menos amplos,

pero non reflectían a altura exacta.
Os primeiros neumas que fixan a altura son os atopados en Aquitania e son dispostos por riba e por baixo dunha liña. A acumulación gradual de liñas foi o que derivou en tetragramas, con figuras cadradas no s. XII, que se mantén ata hoxe no canto gregoriano.

CARACTERÍSTICAS:
O ritmo vén determinado polo ritmo das sílabas latinas que eran libres. Fronte a esto atópase a postura mensuralista que mantén as diferentes duracións que teñen as notas no Canto Gregoriano que estaban relacionadas entre si nunha proporción de do

us a un.
A textura destas pezas é monódica, cantábanse a capella sen ningún tipo de acompañamento instrumental.
As melodías móvense dentro de escalas diatónicas ou modos, os chamados modos gregorianos.

TIPOS DE CANTO GREGORIANO:
A maior parte dos textos aos que se lle engaden música, pertencen aos salmos. Outros textos pertencen a outras partes da biblia e ás vidas de santos.
Existen tres tipos de cantos salmódicos segundo a interpretación: antifonais (dous coros alternan o canto dun texto que se sucede cunha melodía chamada antífona, e funciona como retrouso), responsariais (alternan o solisto co coro no canto dos versos e do retrouso), salmódico directo ( o solista canta sen alternar co coro e sen retrouso).
Entre os cantos non salmódicos destaca o himno, cunha serie de estrofas coa mesma melodía.

Tendo en conta o estilo melódico do Canto Gregoriano en función do número de notas por sílabas temos: estilo silábico, cando cada sílaba se corresponde cunha nota; neumático, cando unha sílaba se corresponde con dúas ou tres notas; melismático cando se corresponde con máis de tres notas.

Os modos Gregorianos:
A estructuda dos modos Gregorianos consiste nunha escala diatónia con Sib como unica nota que se pode alterar. Distínguense catro modos Auténticos dos que derivan outros catro Plagales.
A primeira nota sobre a cal se estructura un modo Auténtico chámase Final, a segunda nota con máis importancia e a Dominante, a unha distancia de quinta nos Auténticos.


TROPOS E SECUENCIAS
:
No transcurrir da idade media foron engadidos novos textos á liturxia: os tropos e as secuencias.
Os tropos podían ser de texto, de música ou de ámabalas dúas e polo xeral xurdiron unidas ao canto da misa. Son composicións novas compostas en estilo neumático, con textos poéticos destinados ao canto da misa. Os manuscritos onde se atopan os tropos denomínanse troparios e pola súa estructura, parece que estaban destinados ao canto individual dun solista que era contestado polo coro no canto orixinal.
As secuencias son un tipo de tropo que consiste na ampliación dun texto ao longo melisma que recaía sobre a última sílaba do aleluia e que nace coa idea de facilitar a memorización das pasaxes máis extensas na que as notas coinciden con cada sílaba.

MÚSICA PROFANA:
Xograres
Goliardos
Trobadores
Os xograres eran homes e mulleres pertencentes á clase social máis baixa que erraban de pobo en pobo e de aldea en aldea interpretando poemas épicos ante un público analfabeto. Os xograres eran persoas que pretendían vivir da música. Dentro do seu repertorio, aparte dos cantos populares, tamén incluian cantares de xesta, poemas épicos narrativos que relataban as fazañas de heroes nacionais, entre as máis importantes atopase a canción de Roland.
Os goliardos eran clerigos de vida reprobable que erraban de aldea en aldea e cantaan textos satíricos ou dedicados ao viño e as mulleres, xeralmente en latín. As cancións mais antigas que se conservan son dos goliardos (s.XI-XII).
Os trobadores eran compositores e poetas do sur de Francia (s.XII-XIII), as suas cancións trataban principalmente o tema do amor cortés. As canción tiñan unha gran variedade formal na que se facía máis referencia ao texto que a música, así destaca a canço ou canción de amor.
As cancións son todas monódicas e adoitan ser de ámbito reducido, adoitan estar escritos en modos gregorianos.
A forma das canción basease na repetición e variación de frases breves e un predominio da forma AAB.
Distínguense dos tipos de trobar: o trobar fácil ou o trobar difícil. Moi pronto a poesía trobadoresca esténdese por partes de Europa como Galicia, Catalunya, Italia do Norte, Alemaña e sobre todo o norte de Francia.Os primeiros poemas que se coñecen pertenceron ao trobador Guillerme de Aquitan, se ben os máis coñecidos foron Marcabrú, Bernart de Ventadorn e Raimbaut de Vaqueiras.
A canción profana é cultivada no norte de Francia polos trobeiros, moi influidos polos trobadores.Os achados musicais trobeiros son de igual importancia a dos trobadores. Destacan figuras como a de Blondel de Nelse.
As cancións populares están máis presentes no repertorio dos trobeiros, destaca a estructura de lai: Poema de carácter narrativo cun número ilimitado de versos con rima par. Tamén e moi cultivada a forma rondó (ab, ac, ad, ...).
Os músicos que cultivan as cancións con temas como o amor cortés en Alemaña reciben o nome de minnensinger, a sua música e moito máis sobria e de estructuras máis ríxidas que as da escola francesa.

TIPOS DE CANCIÓS SEGUNDO A FORMA:
1 Tipo de ladaíña: Forma expositiva, na que se canta cada verso cunha mesma melodía.
2 Tipo de secuencia: Cada dous versos tiñan a mesma rima e a mesma melodía, con final conclusivo. (lai)
3 Tipo de himno: desemvólvense en catro seccións a,b e c.
4 Tipo de rondel: tipo de formas con estrofas. (virelai, rondó e balada)

A MÚSICA PROFANA EN ESPAÑA E GALICIA:
Os primeiros manuscritos existentes de canción profana en España (s.V) pertencen a Prudencio e a Isidoro de Sevilla.
As melodías perdéronse na maior parte dos casos, mentres que as letras se conservaron nas linguas vernáculas de península. Un caso excepcional consititúeno o grupo das cantigas do galego Martín Codax. Seis melodías das sete cantigas que compuxo. Pero etse número é moi pequeno se as comparamos a s máis de 400 Cantigas de Santa María que compuxo e ordeou compoñer Alfonso X O Sabio, estas cantigas teñen un número variable de estrofas cun retrouso que pode ir tanto ao principio coma ao final. Musicalmente están moi próximos ao modelo da o virelai francés e da ballata italiana.

Lírica galaico-portuguesa


Inicio Polifonía. S IX
/
Durante os siglos XII y XIII, período da Idade Media que se coñece como Ars Antiqua, as formas máis frecuentes nas que se estructuraba a polifonía era o Organunm e o Discantum.

Solemos encontrar dous tipos de Organum. O Organum paralelo constúese tomando unha melodía e engadindolle, como o seu nome indica, outra línea melódica paralela co que quedaría algo así:
/
Organum
/
El Organum florido e un poco diferente e construese utilizando notas en valores largos, tomados a menudo dunha melodía preexistente do canto gregoriano, sobre as que se escribe unha, ou varias melodías, en valores máis cortos como se foran melismas, polo que tamén se chmou Organum melismático.


Por su parte el Discantus rompe el paralelismo de tal manera que las nuevas voces realizan movientos contrarios a la voz principal.
/
Sería algo así:

viderunt omnes




melismaticExemplos prácticos

ARS ANTIQUA (1160-1316):
Co discantus introducese o elemento rítmico na música relixiosa. A necesidade de escribir con precisión a duración das notas fixo que se crearan uns motivos rítmicos.
Cando a vox principalis dunha composición non é tomada do Canto Gregoriano senón que e orixinal denomínae conductus
Os primeiros compositores destacados da Ars Antiqua son os mestres Leonin e Perotin.
O seguinte paso e a creación do motete, este xorde a partir do organum de Perotin, unha cláusula a duas voces a que se lle engade unha voz superior silábica, as voces non teñen ningunha relación entre si. Gradualmente os motetes pasan a escribirse a duas ou tres voces (o máis usado e o de tres).
O codice máis antigo que se conserva desta época é o de Bamberg.

ARS NOVA (1320-1380)
Na historia da música occidental coñécese a Ars Nova como o momento que prepara o Rexurdimento e que supón a consagración da polifonía sobre a monodía
Ars nova Francesa:
Destaca o compositor Philippe de Vitry, cuxa maior aportación a música a a creación da isorritmia: técnica de repetición dun modelo rítmico nas distintas voces da polifonía.
Unha fonte indispensable para coñecer as tendencias rítmicas da Ars Nova e o manuscrito de Roman de Fauvel que contén os primeiros motivos isorritmicos.
A polifonía relixiosa espallábesa polas partes da misa: Kyrie, Credo, Gloria, Sanctus e Agnus Dei. O modelo do motete de Vitry foi moi empregada. A voz soprano tiña un rítmo rápido, mentres que o baixo servía a modo de soporte armónico.
Na polifonía profana a palabra chace describe formas de música descriptivas nas que unha voz alcanza a outra nun canon musical. As baladas diferencianse en que agora teñan retrouso e tres estrofas. Os rondos polifonicos teñen duas estructuras A e B e non teñen retrouso. En canto ao virelai, trátase dun refrán que aparece ao principio da composición e aos termos de cada unha das tres estrofas que o compoñen.
O compositor máis importante desta época, e Guillaume de Machaut dos seus 23 motetes destacou o Hoquetus David que e un motete isorrítmico a tres voces e sen texto.
Ars Nova italiana:
No se coñece con exactitude a orixe da polifonía italiana aínda que se especula ca tradición dunha canción solista cun acompañamento instrumental improvisado. O seu estilo de notación era diferente ao Francés, o que lle deu un éstilo rítmico novo e distinto.
A colección maís antiga da polifonía profana italiana e manuscrito Rossi(21 madrigales, 2 caccias e 5 baladas), outro de gran importancia e codice de Squarcialupi cun total de 350 composicións entre madrigales, caccias e baladas.
O madrigal e unha forma de poesía italiana composta en polifonía, a sua forma basica consistía nun número variable de estrofas de 3 versos seguidos por un ritornello de dous. A sua polifonía e normalmente a duas voces. O seu rítmo ven marcado polos contrastes entre os melísmas e os pasaxes silábicos.
A caccia e o equivalente italiano do chace, ambos utilizaban a técnica do canon. Tratase dunha composición polifónica a tres voces, pero só as duas voces superiores forman un canon vocal co texto, a terceira voz, máis grave, forma un contrapunto non canónico.
En canto a ballata, esta xorde primeiro como forma monódica. Ao principio tratábase dunha danza escrita a dúas ou tres voces. Comenza tendo varias estrofas pero estilízase e acaba constando dunha soa estrofa e de un so refrán.
O compositor máis destacado foi Francesco Landini, que escribiu un gran número de batallas a tres voces pero non compuxo para misa.
A música polifónica inglesa:
As suas pezas, moitas delas discantus, non poseen moitas diferencias respecto ao estilo francés, tiñan unha técnica de escritura moi depurada e complexa que se caracteriza polo uso da tonalidade maior, a homofonía e o emprego libre das terceiras e sextas.
O seu maior compositor e Dunstable que estableceu combinacións rítmicas moi complexas.
No grupo dos cordófonos a viola foi o máis importante. Dentro da corda punteada a lira, a arpa, o laude e mailo salterio.
O s areófonos da época foron principalmente as frautas, gaitas e cornamutas, as chirimías, as bombardas, os sacabuches e o organo.
A percusión estaba representada polos tambores, pratos, campás, sonllas e por distintos tipos de pandeiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario