Esta obra pertence a un grupo de seis sinfonías denominadas “Parisienses”, que Joseph Haydn compuxo para o Conde d´Ogny, para seren interpretadas nos concertos da Loguie Olympique de París. Este encargo, xunto ao que había de dar lugar ás “Sinfonías de Londres”, supuxo ao parecer un estímulo na actividade compositiva de Haydn nun momento de certa crise creativa, ao obrigarlle a escribir para un público esixente e anónimo, diferente ao xa tan habitual de Eszterháza. A formación orquestral adoptada nesta sinfonía, e repetida noutras tres desta serie, consta dunha frauta, dous óboes, dous fagots, dúas trompas e a corda. Lógrase así un equilibrio de timbre entre corda e vento, que lamentablemente non sempre se respecta en versións en que os efectivos das cordas exceden en moito a aqueles para os que Haydn escribía. Con esta serie parisiense o autor inicia o último período no campo da sinfonía, no que resume experiencias anteriores e abre novos campos. A forma sonata vese potenciada nestas obras. O primeiro movemento reflicte con claridade o esquema de forma sonata: unha exposición na que os dous temas aparecen separados por unha ampla transición; un desenvolvemento que comeza co segundo tema, para centrarse logo na elaboración contrapuntística do tema principal; unha reexposición breve e unha coda final.
14 Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791), Pequena Serenata Nocturna, K. 525. (4º mov.): Rondó-Allegretto
Esta peza, unha das máis populares do seu autor, aparece datada polo propio Mozart o 10 de agosto de 1787. Constitúe a súa última achega a un xénero, o da serenata, caracterizado máis pola súa función de entretemento e distracción en reunións sociais, que por unhas características precisas en canto a instrumentación, estrutura ou sucesión de movementos prefixados. Escrita orixinalmente en cinco movementos, un deles (o minueto que ocupaba o segundo lugar) perdeuse, o que reduciu a obra a unha especie de pequena sinfonía. O cuarto movemento en un Rondó en tempo de allegretto, con forma sonata combinada cos elementos repetitivos do rondó. Na súa versión orixinal a obra estaba escrita para un quinteto de corda, aínda que na actualidade sexa habitual escoitala interpretada por formacións orquestrais de cámara.
Vocabulario:
Serenata: música na calle o aire libre interpretada pola noite en honra a alguén.
15 Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791), A frauta máxica, K. 620 (Acto II. Aria da raíña da noite, "Der Hölle Rache").
A frauta máxica é unha das óperas de Mozart de maior relevancia pois leva á súa culminación o xénero do singspiel ou teatro musical típico da Alemaña, ademais de sentar toda unha serie de precedentes que fan dela a primeira ópera alemá da historia da música, marcando algúns elementos (concorrencia de argumentos fantásticos, de personaxes misteriosos, presenza na escena de elementos da natureza...) que se desenvolverán no século XIX por autores como K. M. von Weber ou o mesmo R. Wagner. Polo demais, tamén recolle moitas influencias da ópera seria e da ópera buffa italiana, dous estilos nos que Mozart destaca como o máis importante compositor da segunda metade do XVIII. Desde a obertura desta obra queda abofé o desexo ilustrado de racionalidade no emprego dos recursos musicais e especialmente da harmonía, un feito que se relacionou coa alegoría masónica que a obra encerra no seu argumento. De feito os tres acordes con que se abre esta ópera aparecerán en diversos momentos da mesma, identificándose co Templo da Sabedoría onde reside o sumo sacerdote Sarastro. A obra non presenta “recitados secos” xa que estes son substituídos por diálogos. Si existen recitados acompañados pola orquestra, aínda que o máis significativo son as súas arias. Der Hölle Rachekocht in meinem Herzen (A venganza do infierno ferbe no meu corazón), segunda e derradeira aria de A raíña da noite en toda a ópera, é unha aria de coloratura e tamén de bravura pola súa enorme dificultade técnica, na que a cantante explota todos os recursos dun amplísimo rexistro, que ten que ser especialmente brillante nos agudos.
Vocabulario:
xénero do singspiel : Pequena obra de teatro, ou un tipo de ópera popular.
16 Christoph Willibad Gluck (1714-1787). Orfeo e Euridice. (Acto III. Danzas)
Presentou a súa primeira ópera, Artajerjes, en Milán en 1741. Despois viaxou a Londres, Desde e Viena estreando obras con libretos de Metastasio hoxe practicamente esquecidas. O papel de reformador de Gluck no novo escenario do Clasicismo débese, en parte, á súa colaboración co poeta Raniero Calzabigi (1714-1795), que sabe traducir en texto as ansias musicais “ilustradas” de reforma que se iniciaban en Europa, integrando a danza na escena (antes un elemento meramente ornamental) como nunha superior unidade artística, natural e refinada. Orfeo e Euridice é encargada para conmemorar o aniversario do emperador Francisco I, estreándose en 1762; o libreto recolle xa os cambios “ilustrados”: unha acción clara, personaxes humanos e esencializados, poesía simple e nobre, e un importante protagonismo do Coro, herdanza do coro clásico grego e da traxedia lírica francesa. Gluck propúxose subordinar a música á poesía co fin de reforzar a expresión dos sentimentos, desposuíndo a aquela dos adornos superfluos dos divos: unha ditadura insoportable para a nova mentalidade ilustrada. Musicalmente a obra ten ademais unidade musical, sen a anterior ruptura dos números do barroco mediante as “arias Da Capo” que agora desaparecen; o recitativo adquire un carácter declamatorio de fondo sabor artístico, e a música de danza terá unha presenza destacada, como enlace das escenas. A partitura de Viena de 1762 transformarase, tal como hoxe coñecémola, para a estrea de Paris de 1774, cando Gluck adáptaa ao gusto francés da corte, engadíndolle novas danzas (como as que hoxe escoitamos) e algunhas arias. Con estas danzas do III Acto tipo suite pecha a obra, inmediatamente antes de que Orfeo, Amor e o Coro celebren felizmente que “Triunfe o Amor”. Son os seus tempos: I. Maestoso (“alla francesa”), II. Gracioso (tipo minuetto), III. Allegro (rondó), IV. Andante (minuetto) e V. Allegro (unha danza ternaria).
Vocabulario:
libretos de Metastasio : recopilación de libros de Metastasio.
17 Ludwig van Beethoven (1770-1827), Sinfonía núm. 5 en do menor, Op. 67 (1er mov.): Allegro con brío).
Partindo do legado de F. J. Haydn, cuxa tradición sinfónica continúa, as contribucións que realiza Beethoven a esta gran forma musical, en canto ao manexo da orquestra a partir de bloques sonoros ou a ampliación das súas dimensións, fan que poidamos falar del como dun dos cumes do sinfonismo. A Quinta Sinfonía foi escrita entre os anos 1805 e 1808. En Dó menor, a culminación no cuarto movemento en Dó maior a través dunha transición que une os movementos terceiro e cuarto sen solución de continuidade, chegouse a interpretar como unha vitoria en loita fronte ao destino. Destino que chama á porta de modo vehemente e enérxico na exposición do tema principal, en forma de célula rítmica de tres corcheas que se prolongan nunha branca e que se ha de repetir incansablemente, non só no primeiro movemento (onde, ademais do tema inicial, aparece tamén como baixo rítmico do segundo tema), senón ao longo de toda a sinfonía. Fronte a este tema principal, enarborado por primeira vez polas cordas e os clarinetes, oponse un segundo tema lírico e expresivo, que interpretan sucesivamente os primeiros violíns, clarinetes, frautas... A partir de aquí, un desenvolvemento baseado no motivo inicial, no que se dan grandes contrastes expresivos a partir de violentos contrastes de intensidade entre os grupos instrumentais, e unha reexposición precedida por un só de óboe completan a “forma sonata” deste primeiro movemento dunha das sinfonías máis famosas de todos os tempos.
CONTEXTO HISTÓRICO
O Clasicismo sitúase no siglo XVIII e durou uns sesenta anos. No Clasicismo, a separación entre
as clases sociais seguía sendo unha característica importante. Por iso, a música seguía sendo propia da aristocracia e da burguesía urbana. Ainda así, o pobo accede con máis facilidade á cultura.
A corte continuaba sendo unha monarquía absoluta, ainda que comezaba a ser decadente. Os reices continuaban vivindo nun ambiente luxoso. Como antes, os músicos eran considerados como criados que estaban o seu servicio víanse obrigados a complacer os seus gustos. A burguesía tamén realizaba manifestacións culturais, pero dunha maneira máis aberta e cunha finalidade lucrativa: ofrecíanas a cambio dunha entrada. Co mecenazgo da burguesía, os compositores disfrutaban dunha maior libertade á hora de compoñer.
A palabra Clasicismo débese á tendencia dos artistas dá época a imitar e revalorar os cánones estéticos dás civilizacións de Grecia e Roma clásicas. Dentro dun mundo musical, falamos de Clasicismo como una época corta de transición entre os esquemas dá música barroca e as novas tendencias románticas do siglo XIX.
A cultura desta época, abundante en filosofía e ciencia, adoptou un aspecto máis racionalista que a do Barroco, o que influiu nás ideas e a arte do momento. En Francia apareceu a Ilustración ou o Siglo das Luces, que era unha corrente filosófica basada ná razón, ocasionou un cambio de pensamento relixioso ná sociedade do momento e fixo que as cuestións morais dependían da conciencia humana, que se dispersou por toda Europa.
Apareceu a francmasonería, basada na razón, a virtude e a fraternidade humanas. Funcionou como unha sociedade secreta, perseguida pola Iglesia, e atraeu a moitos artistas e intelectais.
A maioría das obras musicais clásicas pertencen á música pura, que eran realizadas para facer disfrutar ao público. O Clasicismo escapa de cualquera artificiosidade, defendendo a teoría de que a naturalidade da beleza a toda obra de arte, non como no Barroco. Por iso, as obras clásicas son fáciles de escoitar.
Características da Música Clásica:
MELODÍA
As melodías clásicas acostumaban a ter unha línea melódica fácil de seguir, con poucos ornamentos e unha estructura moi clara basada en frases cortas perfectamente organizadas, cun número determinado de compases. Os compositores, buscaban un interes na melodía principal, co cal as outras voces tiñan un papel de acompañamento e de soporte harmónico.
RITMO
O ritmo constitue a base da estructura das obras clásicas. Tende a ser regulares e con poucas complicacións.
HARMONIA
A harmonía fai que chegue a culminación da escritura vertical. Nesta evolución desaparece o baixo continuo e perden importancia as líneas contrapuntísticas. Aparece o chamado baixo Alberti, moi utilizado por Domenico Alberti e por un gran número de seguidores. O baixo Alberti é un tipo de acompañamento pianístico consistente nos acordes arpexiados e na man esquerda. A escritura clásica bríndanos unha harmonía clara na que se van enlazando os acordes estrictamente as bases das funcións tonais. Buscábase a tonalidade das notas, mediante os acordes de triada.
A MÚSICA RELIXIOSA
A musica relixiosa presenta un gran declive nesta época,xa que tanto a música instrumental como a óperavanse convertir en xéneros moito máis solicitados polo público en xeral.
No territorio da música relixiosa non presenta ningun cambia coa etapa anterior. Seguiranse creando practicamente os mesmos xéneros, dentro dos cales destaca a misa, unha misa especial e de grande importancia, o Réquiem ( música composta para a misa dos defunta da igrxa católica).
A ÓPERA
Ópera seria:
Nesta época a gran influencia do publico xerou a construcción de numerosos teatros, e os compositores atoparon na ópera a mellor forma de expresión.
A mediados do S. XVIII en Francia a ópera seria alcanza o seu máximo apoxeo, pola sua complexidade e artificiosidade. Pero debido os teus temas tan complicados de interpretar e entender dábanse casos de invención do texto na aria o cal fixo, que o público perdese interes pola ópera seria.
En 1752 prodúxose en Frnacia un cambia, a causa dunha compañia ambulante instalada en París, presentou a famosa ópera bufa de Pergolesi " La serva Padrona". O seu exito foi moi grande hata o punto de creárense dúas bandas, unha que defende este tipo e outra encontra. Este enfrontamente é coñecido como "A querella dos bufóns".
Nun lado estarán os que defendían a tradición da ópera seria Francesa, moito máis elaborada
que a bufa Italiana, a que acusaban de frívola e superficial, encabezaba este grupo Rameau. Do outro bando , estaban os defensores da nova ópera chegada dende Italia, a cal consideraban que se axustaba máis os ideais do clasicismo pola súa sencillez e claridade. Era moito máis facil de entender, e para todo tipo de públicos xa que os seus argumenos eran moito máis cercanos o povo e destacaban pola beleza das súas melodias. O frente deste grupo estaba Roseau.
Neste enfrontamente xurdiu a imaxe de Gluck, que buscou unha harmonia entre estas dúas óperas, e simplificando a ópera seria para acercala máis a un público esixente. Estos principios de reforma atopanse na ópera de "Orfeo e Eurídice".
Características:
- Emprega música sinxela, deixando a un lado a complexidade da ópera seria.
- Evita os contrastes entre recitativo e aria facendoas máis simples e expresivos.
- O argumento é máis sinxelo, desbotando os elementos fantásticos e artificiais do barroco.
- A música debe estar sempre ao servizo dos libretos e das personaxes
Ópera bufa:
É nesta época cando a ópera bufa gana unha gran importancia grazas, sobretodo a chegada da burguesía ao poder. En Nápoles era habitual intercalar fragmentos cómicos entre os diferentes actos das óperas serias. Estos fragmentos fóronse desenrolando e remataron independizándose, dando lugar a un xénero novo chamado ópera bufa. Convertiuse no xénero preferido do público, que tomará o modelo da Serva Padrona de Pergolesi e alcanzará o seu máximo esplendor n as óperas de W.A. Mozart. A pesar de empregaren as mesmas características musicais que a ópera seria, a ópera bufa contaba con algunhas particularidades.
- Os argumentos recollen temas da vida cotidiana, dándolles un carácter cómico e en ocasiones sentimental.
- Utilizan o idioma de cada país e en ocasiones substitue os recitativos por partes faladas.
- Os dúos e os conxuntos vocais fóronse facendo cada vez máis habitualis.
- Nos finais dos actos as personaxes entraban de maneira gradual, de forma que a tensión iba en aumento e resolvíase cando todos cantaban ao final.
- A linguaxe que utilizaban era asequible, sin grandes grandilocuencias.
Trátase polo tanto dunha ópera moito máis fresca r alegre que a seria. Esto non é extraño si temos en conta que a súa principal misión era a de entreter ao público, cada vez máis amplo e sin conocimientos musicais. Mozart, que como dixemos será un dos principais compositores deste xénero, escribirá óperas bufas tanto en italiano (Las bodas de Fígaro) como en Alemán (La flauta Mágica). A ópera bufa italiana chegou a toda Europa.
A MÚSICA INSTRUMENTAL
A música instrumental alcanzou o seu punto máis alto no Clasicismo. Superouse a supremacía da música vocal e a sociedade xa esixía máis música instrumental. Hai un factor importante que provocou, a revolución instrumental:
a) Os avances tecnolóxicos que permitiron a creación de novos instrumentos e a mellora dos antigos.
b) A implantación dun novo estilo de orquesta, seguindo o exemplo da de Mannheim, que chegou a ser considerada a mellor orquestra de Europa grazas as suas interpretacións que supoñían unha innovación. A súa orixinalidade era pola organización do timbre dos instrumentos, a utilización de reguladores ou o feito de resaltar os temas principais.
Tamén foi importante a figura de Carl Philipp Emanuel Bach que creou unha forma directa de facer música instrumental, moito máis cercana á expresión íntima do autor e ás emocións do público. Creou un estilo de interpretación que constituiu a base para a I Escola de Viena (Haydn, Mozart y Beethoven).
Dentro da música instrumental podemos distinguir dous tipos
- A MÚSICA DE CÁMARA:
Chamamoslle así a música composta para un grupo reducido de instrumentos, en contraposición da música de orquestra. (O nome ven dos lugares nos que ensaiaban pequenos grupos de músicos durante a Idad Media e o Renacemento. A esas habitacións, non moi grandes, chamábaselles cámaras).
Relegada hata enton a os salóns da aristocracia, a música de cámara comezará pouco a pouco a difundirse en pequenas salas de concerto e en casas particulares. Esto ven provocado polo acceso da burguesía a práctica instrumental e a os conocimientos musicais e tamén porque económicamente unha agrupación de cámara era moito máis rentable cunha orquestra.
Con frecuencia, os compositores recibían encargos de música sinxela que pudiera ser interpretada por aficionados.
As obras de cámara podían ser para un instrumento solista (coma o piano ou a guitarra), para un trío (por exemplo un violín, un piano o un violonchelo),…; pero sin duda as agrupacións de cámara que se convertiron en favoritas foron o cuarteto de cuerda (dous violíns, viola e violonchelo) e o quinteto (que sumaba a esos instrumentos do cuarteto un instrumento de vento).
- A MÚSICA DE ORQUESTRA:
Durante o Clasicismo, a orquestra evoluciona hata convertirse nun dos medios de expresión máis utilizados polos compositores.
A constitución das orquestras vai a seguir dependendo das posibilidades económicas e da dispoñibilidade de instrumentistas. Sin embargo, as orquestras pouco a pouco fóronse uniformizando, de maneira que hacia finais de siglo XVIII xa podemos falar dun modelo de orquestra clásica cunha sección de cordas (violíns, violas, violonchelos e contrabaixos), unha de vento (flautas, oboes, clarinetes, fagots, trompas,…) e unha de percusión (timbales, platillos,…).
Nesta concreción da orquestra houbo unha personaxe que influe en gran medida: Johann Stamitz. Este home foi promotor e director da Escuela de Mannheim, unha escola de música situada nesa localidade alemana que na súa época contou coa mellor orquestra do mundo.
Dentro das novedades que Stamitz introduxo no mundo da orquestra podemos destacar as seguintes:
- Disciplina no estudo: a súa orquestra coñecíase co sobrenome de “Exército de xenerais
- Traballo por seccións instrumentais: antes de comezar cos ensaios xenerais.
- Búsqueda e desenrolo do color orquestral: a orquestra débese comportar como un só instrumento, non coma un conxunto de instrumentos.
- Incorporación de novos recursos que aumentan as posibilidades tímbricas da orquestra como o Crescendo e o Diminuendo.
As formas instrumentais
Algunhas das formas instrumentais da época mais importantes foron:
- A Sonata
Esta forma instrumental, xorde no barroco é convertirase no clasicismo no principal modelo de composición para á música instrumental.
Trátase dunha obra musical composta para un teclado ou para outro instrumento acompañado, dun teclado. A sonata consta de catro partes denominadas movementos. Cada un deses movementos distínguense polo seu tempo e pola súa estructura. Distinta das demais.
- Rápido (Allegro) Na tonalidad principal
- Lento (Andante ou largo) Nunha tonalidade veciña
- Ligero (soe ser un Minueto) Tonalidade libre.
- Rápido (Allegro ou presto) Ton principal.
- A Sinfonía
As orquestras sinfónicas reciben este nome, xa que en principio eran concebidas pra interpretar sinfonías.
Para nomear sinfonías empréagase o número de orden no que se escribiu. Por iso falamos da 5º sinfonía de Beethoven ou a 83 de Haydn. Moitas delas tamén teñen un sobrenome; por exemplo, a terceira de Beethoven coñécese como a heroica e a 101 de Haydn se coñece como a sinfonía del reloj.
- Concerto para instrumento solista e orquestra.
É unha forma musical basada na alternancia entre un instrumento solista e toda a orquesta. Xeralmente, a forma do concerto é a mesma que a da sinfonía pero prescinde do terceiro movemento.
Este tipo de obras convertiuse nun dos favoritos dos compositores do Clasicismo, xa que vai a aunar nunha soa forma os novos avances da orquestra (timbre orquestal e novedades da Escola de Manheim) e o virtuosismo do solista.
Nun principio, o instrumento que máis utilizaban os compositores para realizar o papel de solista era o violín. Sin embargo, pouco a pouco fóronse escribindo concertos para outros instrumentos (violonchelo, frauta traveisera, trompeta, clarinete).
OS INSTRUMENTOS
Durante o periodo do Clasicismo os instrumentos experimentan cambios notables. Algúns dos instrumentos da época barroca van caendo en desuso. Por exemplo o clave é reemplazado polo piano, que posee mellores posibilidades dinámicas que o primeiro. Outros como o laude, a frauta de pico ou a viola de gamba tenden a desaparecer, xa que as súas características tímbricas non se adecuaban ao novo estilo musical.
Outros instrumentos, sobretodo os de vento, mellorarán as súas posibilidades xa que serán mellorados técnicamente polos constructores. Esto permitirá ampliar rexistros, mellorar timbres,…
Unha das grandes aportacións do Clasicismo foi a mellora e incorporación do clarinete á orquestra. Este instrumento de vento fascinou a Mozart, que compuxo pra él un dos seus máis bellos concertos.
A DANZA CLÁSICA
A finais do siglo XVIII vanse a producir unha serie de cambios moi importantes para a evolución da danza. Un deles foi o acceso das mulleres a os ballets oficiais. De fecho, hata ese momento só se permitía bailar as mulleres nas festas cortesanas. Nas representacións teatrais e operísticas os papeis femeninos eran asumidos por homes vestidos de muller.
Outro aspecto destacable foi que a danza se independizou da ópera. A partires de entonces, o ballet puxo en escea unha historia concreta, con axuda de música pero sin axuda de cantantes que a explicasen.
A danza do Clasicismo herda o sistema barroco de Feuillet, pero irase complicando hata convertirse nun arte difícil e riguroso. Os bailaríns teñen que realizar unha serie de movementos complexos pra os que necesitarán unha gran especialización. Nacerán así os bailaríns profesionais, que dedicarán a súa vida ao ballet. É o que chegado hata os nosos días como a Danza Clásica.
Sin embargo, nos salons da nobreza, seguiranse realizando danzas de nobles, herdadas do periodo anterior. Neste tipo de bailes a influencia francesa Fixose patente en toda Europa, polo que todas esas danzas terán un carácter delicado, elegante e fino ao estilo francés.